- No Grupo Municipal do Partido Popular de Betanzos, titular de www.ppdebetanzos.com, con domicilio na Rúa Pescadería, 1, C.P. 15300, Betanzos (A Coruña), estamos preocupados pola seguridade e por garantir e protexer a privacidade dos datos achegados polas persoas usuarias do noso sitio web. Por iso, garantimos que o tratamento dos datos se efectúa baixo niveis de seguridade que impiden a perda, manipulación dos datos ou accesos non autorizados.
- A efectos do cumprimento co disposto na lexislación de protección de datos, e en concreto no Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril, o Grupo Municipal do Partido Popular de Betanzos informa de que todos os datos de carácter persoal que as persoas usuarias acheguen a www.ppdebetanzos.com -incluída a dirección IP do equipo desde o que acceda-, ben sexa a través de calquera rexistro ou subscrición aos servizos do sitio web, ben mediante o envío de comentarios ou observacións por correo electrónico, web, formularios, etc., serán incluídos en ficheiros, cuxo responsable é o Grupo Municipal do Partido Popular de Betanzos, e serán tratados coa máxima confidencialidade.
- As categorías de datos a tratar serán as que figuran no cuestionario: identificativos, nome e apelidos e datos de contacto, email e teléfono; e outros que puideran darse ao longo da relación. Estes datos poderán ser conservados mentres dure a relación establecida e, de non solicitar a súa supresión pola persoa interesada durante un prazo de 4 anos a partir da última confirmación de interese, estando lexitimado polo consentimento que expresamente se outorgou ao aceptar estas condicións.
- Os datos facilitados terán como finalidade prestar os servizos para os que se soliciten, contestar as súas dúbidas ou atender solicitudes e, de forma anónima, realizar estudos estatísticos. As respostas ás cuestións que nos plantexe ou a solicitude de envío de información que nos solicite poderá ser enviada de acordo co artigo 21.2 de Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da sociedade da información e de comercio electrónico a través de calquera canle (correo postal ou electrónico, teléfono fixo ou móbil, SMS, MMS, Internet, etc.).
- Se expresamente se solicita, poderase recibir periodicamente información promocional e noticias de todas as actividades inherentes á acción do Grupo Municipal do Partido Popular de Betanzos, en particular as relacionadas con campañas electorais, candidaturas, convocatorias, accións do partido e os seus líderes, etc.
- Ditos datos non serán transferidos a terceiras persoas sen o correspondente consentimento previo, nin fóra dos casos expresamente previstos na lexislación de protección de datos.
- O Grupo Municipal do Partido Popular de Betanzos implementou as medidas de seguridade requeridas pola normativa vixente para a protección dos datos de carácter persoal e desenvolveu os requisitos técnicos necesarios para garantir o tratamento confidencial dos datos, evitar a súa perda, alteración e acceso. A persoa usuaria debe ser consciente de que as medidas de seguridade en Internet non son inexpugnables.
- O Grupo Municipal do Partido Popular de Betanzos prohibe o uso dos servizos do seu sitio web a menores de 14 anos. Ademais, o Grupo Municipal do Partido Popular de Betanzos aconsella que os menores de idade de 14 a 18 anos consulten cos seus pais antes de proporcionar calquera dato de carácter persoal e informa de que, en ningún caso, se solicitarán datos relativos a outros membros da súa familia sen o consentimento dos titulares dos mesmos.
- Se non se facilitan os datos persoais requiridos (ben para o rexistro ou subscrición a calquera tipo de envío, ben para a realización de comentarios, etc.) ou non se acepta a presente Política de privacidade, suporá a imposibilidade de recibir os servizos mencionados.
- A persoa usuaria garante que os datos persoais facilitados a www.ppdebetanzos.com son veraces e correctos, reservándose o Grupo Municipal do Partido Popular de Betanzos o dereito a excluír dos servizos do sitio web a toda persoa usuaria que facilitase datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en Dereito. Cada persoa usuaria poderá exercitar eses dereitos a través dun escrito dirixido ao partido Grupo Municipal do Partido Popular de Betanzos, na Rúa Pescadería, 1, C.P. 13500 Betanzos, especificando “protección de datos” ou enviando un correo electrónico a populares.betanzos@gmail.com. En caso de dúbida sobre a súa identidade poderáselle solicitar información adicional. Igualmente ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.