A través da presente Política de cookies, o Grupo Municipal do Partido Popular de Betanzos (en adiante, o PP de Betanzos ou a entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do sitio web. Cando isto ocorra, e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio sitio web. Se continúa utilizando os servizos do sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.
1. Que son as cookies?
Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdebetanzos.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación das persoas usuarias.
Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables. Por exemplo, o número de veces que a páxina foi visitada pola persoa usuaria, identificar a persoa usuaria rexistrada, garantir a sesión da persoa usuaria mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc.
Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación das persoas usuarias e, en consecuencia, poden afectar á privacidade das mesmas. Por este motivo, desde o PP de Betanzos queremos ofrecerlle a información necesaria sobre as tipoloxías de cookies utilizadas na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.
2. Tipoloxía de cookies empregadas
A continuación ofrecémoslle información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdebetanzos.com e a finalidade das mesmas:
Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres a persoa usuaria accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación da persoa usuaria.
Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento das persoas usuarias. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdebetanzos.com utilízanse para esta finalidade as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte esta ligazón: http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html
Cookies técnicas: son aquelas que permiten á persoa usuaria a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen, como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias da persoa usuaria respecto das cookies, proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia, etc.
3. Quen utiliza as cookies?
A información que se recaba a través das cookies de www.ppdebetanzos.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.
4. Xestión das cookies
Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdebetanzos.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome).
Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.
Como visualizar e eliminar as cookies:
Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet:
Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es
Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct
Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1
Safari: http://support.apple.com/kb/PH11913
Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
- Que o navegador rexeite todas as cookies e, polo tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
- Que o navegador avise antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
- Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita, pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
- A opción de navegación en modo privado, mediante a cal as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web.