O PP de Betanzos alerta do malestar veciñal na rúa da Cerca pola existencia dunha “narcocasa”
O Grupo Municipal do Partido Popular de Betanzos fíxose eco hoxe do grande malestar do veciñanza da rúa da Cerca pola existencia dunha “narcocasa” que está a provocar unha “crecente inseguridade” na zona debido ao “trapicheo de droga” e ao “comportamento incívico” dos seus ocupantes e visitantes.
Segundo as queixas expresadas por veciños da zona, varias das persoas que frecuentan a “narcocasa” acostuman botar os seus excrementos nos sumidoiros e incluso defecan directamente na rúa, provocando cheiros e condicións de insalubridade.
O PP de Betanzos alerta publicamente desta situación e solicita ao goberno local e ás demais autoridades competentes que tomen medidas de forma urxente, reforzando a vixilancia na zona e actuando en consecuencia para garantir a seguridade da veciñanza e a limpeza da rúa.
Os populares consideran que “non se trata dun feito puntual nin dun caso illado”, senón que “o incremento da inseguridade cidadá vai en aumento en Betanzos, con varios casos de vivendas ocupadas e lugares pouco recomendables para transitar a determinadas horas ao ser frecuentados por drogodependentes”.