O PP cuestiona a instalación de contedores de grandes dimensións sobre a beirarrúa da Rúa Valdoncel

O Partido Popular de Betanzos cuestiona a recente instalación de tres colectores do lixo de grandes dimensións sobre a beirarrúa da Rúa Valdoncel por “afectar negativamente á seguridade viaria”, xa que dificultan o tránsito peonil.
A portavoz do Grupo Municipal do PP, Ceci Vázquez, sinala que esta decisión do goberno local “carece de sentido común”, pois os colectores ocupan boa parte da beirarrúa nun punto dunha rúa moi concorrida por escolares, próximo a un paso de peóns e que ademais coincide cun tramo do viario no que unicamente existe beirarrúa nese marxe.
Ceci Vázquez solicita ao goberno local que reconsidere a súa decisión e busque unha ubicación alternativa que non supoña un “evidente perigo” para os viandantes.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se segue a navegar está a dar o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación de nosa Política de cookies. Pinche a ligazón para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies