Artigos de opinión

Betanzos leva demasiado tempo esperando polo seu futuro. Exactamente, levamos 30 anos funcionando cunhas normas urbanísticas do século pasado, pensadas para unha realidade socioeconómica e demográfica que xa non existe. Tres décadas nas que o noso concello foi acumulando atrasos, bloqueos e oportunidades perdidas. Por iso, desde o PP de Betanzos decidimos votar a favor do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Non porque pensemos que sexa o PXOM ideal, que non o é, nin porque compartamos a forma -claramente mellorable- na que o goberno local xestionou todo o proceso. Votamos a favor porque, chegados a este punto, había algo moito peor que un plan imperfecto: seguir sen plan. Ás veces, gobernar, e tamén facer oposición, consiste en asumir decisións incómodas, pero responsables e necesarias. E esta foi unha delas. Porque temos claro que o peor urbanismo é non ter urbanismo. Se o PXOM non saíse adiante, corriamos o risco de quedar atrapados

Betanzos avanza cando se escoita á veciñanza, se planifica con rigor, se destinan os recursos necesarios e se executan proxectos que responden ás necesidades reais da poboación e do tecido económico local. A actuación prevista en Infesta para mellorar a seguridade vial e a accesibilidade peonil na estrada AC-542 é un bo exemplo desa forma de facer as cousas. A Xunta de Galicia vén de convocar para finais deste mes de maio o levantamento das actas previas á ocupación dos terreos necesarios para facer realidade unha intervención moi demandada na zona desde hai anos. Estamos a falar dun investimento de 1,4 millóns de euros que permitirá actuar no tramo de 2,4 quilómetros que comprende desde o cruce coa AC-840 ata o enlace coa A-6. Infesta é un punto estratéxico do noso municipio, porque, ademais de conectar vías principais, é unha zona de paso diario para milleiros de persoas. Por iso, desde o

Hai momentos na vida política dun concello nos que deterse a analizar a situación e a render contas á veciñanza non debería ser unha opción, senón unha obriga. Cando van aló tres anos de mandato e apenas quedan 13 meses para as Eleccións Municipais de maio de 2027, en Betanzos estamos nese punto. O Regulamento Orgánico Municipal contempla unha ferramenta clave para este exercicio de transparencia, o Debate anual do estado do municipio, un espazo pensado precisamente para facer balance e para que o goberno local dea explicacións da súa xestión e para que os demais grupos políticos poidamos confrontar modelos, propostas e resultados. Este debate, máis que un trámite para cumprir coa oposición, debería ser unha mostra de respecto cara á veciñanza, pero a realidade é que segue sen convocarse e por iso presentamos unha moción para solicitar a súa celebración. No caso de Betanzos non é unha cuestión menor, porque

O centro histórico de Betanzos non é un decorado, nin un museo ao aire libre, nin un espazo pensado unicamente para ser contemplado. É un lugar vivo: con veciñanza, con comercio, con hostalaría, con servizos e con actividade económica cotiá. Precisamente por iso, calquera decisión que afecte á súa mobilidade debe tomarse con responsabilidade, con rigor técnico e, sobre todo, escoitando á sociedade. O goberno local está a impulsar un plan de restriccións de acceso do tráfico ao centro histórico, acompañado dun sistema de videocámaras de control e vixilancia. A idea de ordenar o tráfico, avanzar cara a unha mobilidade máis sostible e protexer o valor patrimonial da cidade é algo que ninguén discute. Pero o problema non é o obxectivo, senón como se está a facer. A regulación presentada polo goberno municipal nace cunha importante falta de consenso social e de planificación. Por exemplo, non se acompaña dunha memoria do

Hai decisións que definen unha maneira de gobernar e os orzamentos do goberno de María Barral para 2026 fano con claridade: máis gasto corrente, máis gasto de persoal, máis presión fiscal, máis uso discrecional dos cartos de todos e menos estratexia para o futuro de Betanzos. Non estamos ante unha diferenza ideolóxica menor. Estamos ante unha cuestión de sentido común económico. O gasto corrente aumenta un 18,17% e xa representa o 37,4% do total do orzamento. En paralelo, os gastos de persoal medran un 15,38%. Mentres tanto, a débeda municipal sitúase nos 4,7 millóns de euros. Son cifras que falan por si soas, porque ao disparar o gasto estrutural o que se está a comprometer non é só o actual exercicio orzamentario, senón que estase a hipotecar a capacidade de manobra do concello para os próximos anos. E iso debería preocuparlle especialmente a quen sostén a actividade económica de Betanzos: autónomos, comerciantes,

Remata un ano máis e, desgraciadamente, véxome na obriga de dicir que alá vai outro ano perdido para Betanzos. E non é esta unha afirmación lixeira nin unha crítica partidista ao goberno local. É a constatación do acontecido durante os últimos 365 días no noso concello. Porque en política un ano non se perde de repente; pérdese pouco a pouco, con decisións que non se toman, coa aprobación de medidas erradas, con proxectos que non arrancan, con problemas que se enquistan e con oportunidades que se deixan escapar. E isto é precisamente o que aconteceu en Betanzos neste 2025. A xestión económica é o mellor exemplo do fracaso do goberno de María Barral, xa que remata o exercicio sen tan sequera presentar os orzamentos municipais, cunha débeda que supera os 6,5 millóns de euros, despois de subir a presión fiscal co incremento do IAE e cunha sensación xeralizada de esgotamento político

Cando a política deixa de priorizar os intereses da veciñanza e deixa de dar respostas eficaces aos seus problemas e necesidades, sempre chega un momento no que a paciencia cidadá se esgota. O tempo que se perde xa non se recupera e Betanzos leva demasiados meses navegando sen rumbo orzamentario, sen un proxecto que ordene as prioridades e sen un goberno capaz de mirar máis aló das urxencias do día a día. E todo isto, na política municipal, acábase notando tanto nas liñas de acción estratéxicas como nas decisións máis cotiáns, é dicir, na política dos detalles: a desatención do rural, a deficiente xestión do lixo e da limpeza das rúas, os reiterados cortes de auga por unha rede de subministro obsoleta, a falta de apoio a sectores estratéxicos como o comercio, etc. Por iso, desde o Partido Popular non nos limitamos a criticar a deriva do desgoberno de María Barral, senón

Hai unhas semanas asistimos en Betanzos a unha das máis flagrantes demostracións de incoherencia e soberbia política por parte do goberno de María Barral, ao impulsar a construción dunha pista cuberta de pádel na zona do Carregal, en detrimento do desexado circuíto de pump track que fora elixido pola veciñanza no proceso dos orzamentos participativos do ano 2022. A decisión unilateral de priorizar a devandita pista de pádel é a mellor proba de que ao goberno socialista a participación cidadá só lle interesa e lle convén para saír nos xornais. O acontecido constata que para este executivo os orzamentos participativos non pretendían ser un mecanismo de implicación real da veciñanza nas decisións municipais, senón un exercicio de puro postureo político. Fixeron o paripé de anunciar unha consulta á xente, animaron aos veciños e veciñas a presentar propostas, fixéronos votar e todo para nada. Para rematar facendo o que ao goberno lle

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se segue a navegar está a dar o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación de nosa Política de cookies. Pinche a ligazón para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies