A Xunta atende a petición do PP local para mellorar o firme da estrada AC-840 nas Cascas e Roibeira

A voceira do Grupo Municipal do PP de Betanzos, Ceci Vázquez, visitou esta semana os traballos de mellora da estrada AC-840 que está a acometer a Xunta de Galicia ao seu paso por As Cascas e Roibeira e que ela mesma solicitara e xestionara directamente co Goberno autonómico.

As obras, que supoñen un investimento de 180.000 euros, consisten na dotación dunha nova capa de rodadura e no pintado da sinalización horizontal, o que redundará nunha mellora da seguridade viaria. Durante a visita á zona, Ceci Vázquez comprometeuse coa veciñanza a trasladarlle á Xunta algunhas peticións adicionais para facilitar determinadas manobras de acceso.

Segundo Ceci Vázquez, “obras como esta demostran o compromiso da Xunta de Galicia coas necesidades e as peticións que chegan de Betanzos e constatan que manter unha relación cordial e un diálogo construtivo é moito máis produtivo que o discurso de confrontación permanente ao que recorre sempre a alcaldesa”.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se segue a navegar está a dar o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación de nosa Política de cookies. Pinche a ligazón para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies